Chegou para quedarse connosco, ese anaco de tela, e deu paso a moitos outros sistemas.Falo do porteo como sistema de transporte do meu bebé, como modo de vida.Durante o meu embarazo xa estaba convencida de que ía portear ó meu pequeno. Tamén a miña parella o estaba. Foron moitas horas de lecturas sobre os beneficios tanto para o bebé, como para nós.
Para a recuperación posparto, para o establecemento da lactación, para os posibles cólicos ou refluxo, e tamén para o establecemento de ese vínculo có pai ou mai non xestante.
Recordo como se fose hoxe mesmo á miña primeira práctica có fular, usando un boneco. Desastre total.
Pero foi o primeiro día na casa tras o nacemento de O. que probei a poñelo, coa axuda de Carla, matrona e amiga, que descubrin realmente o poder de portear. Esa sensación, de mai canguro, mai presente, mai todopoderosa que carga á súa cría ben pegadiña, aloumiñando nel de xeito constante, xamais a esquecerei.
E así comezou a nosa historia de amor có porteo. Intensivo, pois foi a nosa única forma de transporte ata que comezou a desprazarse por si mesmo, e aínda agora, 16 meses despois, segue a ser a súa forma natural de moverse fora da casa.
Moitas sestiñas alí dentro, permitindome facer outras cousas ó mesmo tempo.
Movémonos pegadiños en días de moito frío, de moitisimo calor, de vento e choiva e días fermosos e primaverais. Dámonos bicos, compartimos sorrisos, aprendemos novas palabras e descubrimos o mundo xuntos.
Din que así o miúdo medra vendo todo desde unha perspectiva de altura do adulto. Para min, tamén eu medrei, aprendendo a ver o mundo dende a súa mirada de asombro cara todo o novo que coñece.
LEVAREITE SEMPRE
Pódeche interesar:
Red Canguro: http://redcanguro.org/informacion/
#EBW2017 #EuropeanBabyWearingWeek: https://www.facebook.com/EuropeanBabywearingWeek/
1 thoughts on “Levareite sempre – #EBW2017 – O meu testemuño”