A sociedade que educa

Eu, a sociedade que educa, te falo a ti nena para que me escoites porque non podo condenarte a violencia que exercen sobre nos, as mulleres.

Non podo decorarte con pendentes, rosas, lazos e brillos para que así te distingan como nena…coa mensaxe de que só decorándote serás unha muller completa o día de maña.

Non podo educarte baixo os estereotipos de xénero que hai dende as chupetas, os xoguetes, en case toda a roupa porque te estarei sometendo a lóxica aplastante do machismo que nos asasina.

Non podo educarte só con vestidos de princesas nin disfraces hipersexualizados porque non quero que aprendas que eres un obxecto sexual para os homes.

Non podo educarte a través da televisión porque non te van a axudar para a vida os valores e os roles que nos atribúen ás mulleres de sumisión, incapacidade, dependencia…

Eu, a sociedade que educa, intentarei educarte no feminismo porque hoxe por hoxe é o único instrumento que nos libera…é a única vía que temos para que vivas nunha sociedade apta para vivir sen medo, sen escravitude, sen sometemento e sen VIOLENCIA machista.

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.