Convertícheste en nai

Chega o teu primeiro día da nai e daste conta de que cambiaches o teu papel. Agora es ti a nai. Quizais non creas nos días especiais, pero cando chega un formigueo nos pés ó saber que é o teu día, algo cambia en ti.


En realidade, o día da nai comeza cada mañá pois a maternidade supón un traballo 24 horas e precisa da calor dun entorno que non sempre está á altura das necesidades. É unha carreira de fondo na que as etapas pásanse con bicos e tamén con bágoas.
Convérteste en nai no mesmo momento que decides que o queres ser, non importa o que tardes ou o método empregado: no mesmo intre no que o decides o teu corpo e a túa mente adáptanse a esa nova realidade nunha mestura entre desexo e medo. Existen moitos modelos de crianza segundo a nosa cultura, a contorna, a situación laboral e persoal, pero ata que o neno non chega á túa vida e a revoluciona, non descobres cal será o teu modelo e cómo te adaptarás a él.
Ser nai cambia o corpo, a mente, o estilo de vida e alonga o corazón. E xunto con tanta bondade están tamén os temores que nos fan ser prudentes, aceptando que todo vai ser diferente e que tamén xurdirán problemas que asumir e ós que vencer.

Precisamos da tribo

Vivimos nun mundo demasiado acelerado así que cando te convertes en nai tes que asumir que outro ritmo de vida é posible e así disfrutarás cada día do mellor agasallo que recibiches. Pero precisamos do apoio da contorna, crear unha tribo na que refuxarnos. É necesario apoiar ás nais primerizas para desaloxar os medos da cabeza, é preciso esquecer as batallas entre nais: todas somos nais e, se tratamos ós nosos cativos dende o amor, sempre seremos a mellores nais do mundo.

É necesario lograr unha sociedade que acepte a cativada coma o regalo que é: a mirada inocente que precisamos nun mundo que parece que vai sen rumbo.

Nun día como hoxe debemos ser reivindicativos: reclamar unha baixa por nacemento máis longa; que a maternidade non sexa motivo de discriminación no traballo nin para conseguilo, mantelo nin para promocionar; que é preciso que o persoal médico estea actualizado para poder atender e respectar as nosas decisións como familias no referente os nosos embarazos e fillos; que son necesarias medidas que nos axuden a asumilo seu coidado: conciliación, ampliación de horarios en garderías… E que se coleitamos ou non, se porteamos ou non, se temos unha lactación prolongada ou non, se usamos cueiros de tea ou non… que o que fagamos como familias só nos competa a nos e non sexamos o centro de tódalas críticas. Fagamos deste día unha xornada de defensa do papel da nai e sobre todo na defensa dos máis pequenos.

Quizais hoxe teñas un debuxo na neveira, quizais hoxe te biquen ou biques con un gramo máis de tenrura, quizais hoxe queras parar o mundo, quizais hoxe sexa un día máis pero con algo máis. Quizás hoxe, coma cada día, sexa o teu día. Parabéns.

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.