Cumprimos 2 anos! Ven celebralo na Festa Rede CRIA!

pexels-photo-1148998

Festexemos que a crianza con apego está de moda.

Xa fai dous anos que dimos os nosos primeiros pasos como unha asociación na busca da difusión dun modelo de crianza baseado no respecto a tódolos membros da familia e queremos volver celebralo con todos vos.

Como o ano pasado, esperámosvos o domingo 9 de xuño no CSCD As Pedriñas cun programa cheo de actividades lúdicas e informativas para tódala familia e con sorteos e mercadillo para dar a coñecer a quen ten a nosa mesma filosofía de crianza..

Esperámosvos!

 


Programa provisional

Día 9 de xuño de 2019 todo o día

Taller "Llama a la Matrona": Manexo da dor no parto e primeiros auxilios

Charla coa psicóloga Natalia Guedella: 10 claves para criar peques felices

Taller "Piel con Piel": Obradoiro para rapazada e manualidades. Zona de xogos no exterior.

Charla "Fisioterapia Pejito"

Contacontos con Gravata Torla, en colaboración coa Asociación Bicos de Papel

Concerto de Paco Nogueiras 'Brinca Vai'

Taller "Donde viven los cuentos": Obradoiro de estimulación sensocial

Ioga en familia

Zumba en familia

 

Sorteos

Mercadillo

Zona relax

Photocall


Queres saber máis dos que estarán con nós? Próximamente!