20 de novembro: A infancia no centro

Neste 20 de novembro, a ONU adica o día Mundial da Infancia á inclusión de tódalas nenas e nenos, visibilizando a necesidade dun mundo máis igualitario que os incorpore, que poña a infancia no centro.

Cartel Día Mundial da Infancia, 20 novembro 2022. Defendamos os seus dereitos. Logo de Rede CRIA. Imaxe de nenos de costas levando un pau nun parque
RedeCRIA Dia Mundial da Infancia – Defendamos os seus dereitos

Vivimos na sociedade da prisa en torno ás necesidades dos adultos. Traballo, fogar, lecer orientados a encher as horas cunha programación e espacios nos que as nosas crianzas parecen non ter cabida.

Dentro deste adultocentrismo xeral molestan os choros e as risas, as carreiras e xogos, as preguntas e os seus ritmos, pero tamén a súa soa presenza.

Defendamos os dereitos da infancia

Normas ríxidas que consideran a tódalas crianzas como un grupo homoxéneo, cando non pode ser máis variado. Incluílas na sociedade supón aceptar a súa diversidade e facelas parte da rutina do día a día, téndoas en conta, baixando á súa altura para entender as súas necesidades e desexos, porque só coa inclusión acadaremos a sociedade respectuosa pola que loitamos.

Hai 30 anos nacía a Convención sobre os Dereitos das nenas e nenos coa finalidade de acadar infancias dignas, plenas e felices, sen embargo, ás veces, se facemos caso ás novas e á tendencia destes tempos, parece que as crianzas non son aceptadas e crece a tendencia a afastalas da esfera pública.

Como familias, é labor nosa traballar por facer que as nosas nenas e nenos teñan o espazo que merecen xunto ó resto da sociedade, á que xa pertencen por dereito.

Como Asociación, dende Rede CRIA cremos neste principio. Úneste?

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *