Bos días:
Chámome Anxo, teño 35 anos, estou casado e teño un fillo e unha filla.
Eu claro que son feminista: creo na igualdade entre homes e mulleres como non! Eu que son fillo, marido, irmán e pai de mulleres.
Pero creo que nesta onda feminista, a minha muller analiza agora cada cousa que ve e temo que é un pouco exaxerada (aínda que non diréi feminazi… pero… )
Sen embargo, hai pouco aconteceu algo que me fixo mudar de opinión.
Cheguei á casa de traballar e ó entrar no portal vin a unha rapaza duns 13 anos que agardaba o ascensor, saludoume amablemente e de súpeto díxome que prefería subir andando. Era a veciña doterceiro e preferiu subir andando antes que conmigo no ascensor!e eu non teño nin pinta de loco nin de mala xente, non lle ía facer nada!!
En canto a miña muller chegou á casa, conteille indignado o que pasara e a súa resposta… abríume os ollos! Díxome que era o máis normal, que cántas veces, ela mesma de rapaza (e aínda agora) o fai, todo por evitar algún susto, e moitas veces cun sorriso ou coa excusa de facer exercicio.
É enton certo que vivir como muller significa vivir nunha alerta latente e constante? De cántas máis situacións cotidianas non nos decatamos os homes?
Traballemos dende xa por una sociedade segura para todas, eduquemos na igualdade, non subestimemos os seus temores cando si teñen causa. Eduquemos a nenos e nenas na igualdade. Está na nos aman transformar o mundo XA.