Creatividade en familia
Centro Comunitario de Bouzas Rúa de Eduardo Cabello, 53, Vigo, PontevedraImparte Ariane Góes. Graduada en Belas Artes, Arteterapeuta Hauschka e redactora do blogue Cera de Colores Un espazo para a experimentación artística dos máis cativos, compartindo o momento coa súa familia, utilizando diferentes materiais e propostas.
Tilintilonia
CSCD As Pedriñas Avenida do rebullón 23, TameigaTeatro para bebés de 'O baúl da tía Tola'. Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por Tilín e Tilón cada unha co seu son. Descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música.
Os Reflexos Primitivos e a súa relación co desenvolvemento
CSCD As Pedriñas Avenida do rebullón 23, TameigaSabías que moitas veces as dificultades na aprendizaxe, problemas visuais ou emocionais na cativada están asociados ós Reflexos Primitivos?
Se queres saber máis, acude o próximo sábado 25 de maio a esta interesante charla participativa que baixo o título:
"Os Reflexos Primitivos e a súa relación co desenvolvemento"
a nosa compañeira Yolanda García Pizarro, de Centro de Desarrollo Infantil Volteretas impartirá no CSCD As Pedriñas