Celebra con nós o primeiro aniversario de Rede CRIA!

baby celebratng first year birthday

Unha festa para compartir en familia

Queremos celebrar que cumprimos un ano como Asociación para facer unha gran festa que ademais nos achegue un pouco máis á crianza desde o amor e o respecto.

Goza das charlas, talleres, actividades infantís, sorteos e compras no noso mercadillo de artesanía.

A entrada é completamente gratuíta.

Esperámosvos a todos!

 


Programa

Mañá

10.55 Benvida e presentación

Apertura dos postos de mercadillo (durante todo o día)

11.00 Anna Palazón

Obradoiro práctico para embarazadas e a súas parellas: 'Beneficios do movemento durante a dilatación e o parto'

11.00 Pintacaras

11.30 Cera de Colores

Taller de Pintura Libre

12.00 Teta e coliño

Charla sobre lactancia: dudas, preguntas e consellos para familias para ter unha lactancia feliz.

12.00 Masaxe Shantala

Taller para bebés de 0-18 meses e as súas familias

12.30 Concerto Cé Orquestra Pantasma

13.15 Charla sobre porteo

'Porteo ergonómico y seguro e mostra de portabebés'

Tarde

16.00  Masaxe Shantala

Taller para bebés de 0-18 meses e as súas familias.

17.00 Llama a la matrona

Charla Introducción á alimentación complementaria con Baby Led Weaning (BLW)

17.00 Pintacaras

17.00 Bellypainting

17.30 Taller de zumba para familias

17.45  Espacio YaiYoga

Taller de Ioga en familia

18.30 Contacontos con 'Cántame e Cóntame'

19.30 Peche da Festa e Sorteos


Queres saber máis dos que estarán con nós?

Anna Palazón.

Educadora perinatal, diplomada en traballo social, mediadora familiar e con máis de vinte anos de experiencia como educadora familiar. Certificada para impartir os talleres de "Parto e Movemento", un espazo onde coidar o teu corpo e prepararche para o nacemento do teu bebé. Acompaño o teu embarazo, o teu parto e o teu postparto, desde o respecto, a comprensión e a información actualizada. Máis información en Parto y Movimiento en Vigo.

11.00h. Obradoiro práctico para embarazadas e a súas parellas: 'Beneficios do movemento durante a dilatación e o parto'

anna-bio
ceradecolores-bio

Cera de Colores.

Ariane Góes é graduada en Belas Artes e formada en Arteterapia Hauschka con Maya Moussa. Realizou o master de profesorado e actualmente dedícase a impartir talleres de creatividade e Arteterapia. Tamén realiza xoguetes de madeira artesanal xunto ao seu pai e é creadora e redactora do blogue Cera de Cores. Podedes atopar os seus xoguetes e materiais de Arte na súa tenda online www.ceradecolores.com

11.30h. Obradoiro de pintura libre.

Teta e Coliño.

Apoio á lactancia materna e á crianza con apego:

-Reunións de familias. Axuda nai-nai, consultas telefónicas, consultas presenciais, preparación á lactancia para embarazadas, charlas e obradoiros sobre parto, lactancia e crianza, formación online de asesoras de lactancia, Biblioteca, préstamo de sacaleites e portabebés e grupo de porteo.

Asociación presente en varios puntos da xeografía galega.

Charla impartida por Antía López Arce, asesora de lactancia e socia.

12.00h. Charla lactancia para familias.

teta-bio2
masaje-bio

A masaxe Shantala é unha técnica milenaria desenvolvida na India para os bebés e os nenos. Descuberto polo doutor francés F. Leboyer nun das súas viaxes á India onde descubriu os beneficios desta práctica no desenvolvemento psíquico e físico dos bebés.

A masaxe Shantala é un tipo de masaxe ayurvédico que ten como obxectivo estreitar a relación entre nai/pai-fillo e axudar no desenvolvemento sensoriomotor do recentemente nado. A masaxe Shantala é unha técnica que permite dar afecto e benestar tanto a quen o recibe como a quen o dá.

12.00h e 16.00h. Taller de masaxe Shantala de 0 a 18 meses.

 

Cé Orquestra Pantasma.

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

12.30h. Concerto!

ce-bio

Espacio YaiYoga - Yaiza Lorenzo.

Yaiyoga é un proxecto holístico creado para o ensino e a difusión do ioga e a relaxación cara aos nenos, novos e adultos, co fin de achegarlles técnicas coas que poidan mellorar a súa saúde física, mental e emocional, de maneira integral.

O obxectivo é contribuír ao benestar de cada persoa que busca mellorar a súa calidade de vida e que desexa aprender a superar con éxito as dificultades que se nos presentan, transformándoas en oportunidades cara a cambios máis positivos e cara ao verdadeiro crecemento e desenvolvemento persoal de cada un.

16.30h e 17.45h. Taller de Ioga en familia.

yaiza-bio
llama-bio

Llama a la Matrona.

Charla sobre Alimentación Complementaria Autorregulada impartida por Carla Estévez, matrona colexiada núm. 8503 e responsable de Llama a la Matrona.

O baby led weaning ( blw) é unha maneira de incorporar os sólidos na alimentación do bebé sen pasar pola fase de purés e papillas, sendo o propio bebé quen se alimenta en por si usando as mans. Como o seu nome indica, é unha alimentación complementaria, non substitúe á lactación materna (ou leite de fórmula). Ao principio, ata o ano, é máis un método para educar que para alimentar, xa que a súa principal fonte de alimento segue sendo o leite materno (ou de fórmula).

Madie Madeleine.

Madie é maquilladora profesional e caracterizadora. Nos seus traballos podes atopar facepaint, bellypaint e bodypaint.
Podes coñecela en @madiezion

17.00h. Sesión Belly Painting en directo.

madie-bio
zumba-bio

Zumba con Jessica Tato.

Jessica é técnico superior en Animación e Actividades físicas deportivas, con formación en hipopresivos, Pilates e randeeira no aire, instructura de Zumba, entre outras especialidades. Certificouse coa ANEP en corrección postural, pilates para nenos e adolescentes e en pilates para o parto e posparto impartido por Avrahami Gideon.

Actualmente traballa como Instructora de Pilates e Hipopresivo no Centro Cultural de As Pedriñas. Se necesitas poñerche en contacto con ela, podes enviarlle unha mensaxe.

17.30h. Taller de Zumba.

Cántame e Cóntame.

Un contacontos diferente para tódala familia, con contos, música e bo humor! Canto bicherío! Teremos o pracer de escoitar contos como Guapa, Finn Herman, Eu non fun! ou Vou a comedte!

18.30h. Contacontos.

cantame-contame