Hoxe é o Día Mundial dos Bosques

 

Hoxe 23 de marzo, é o Día Mundial dos Bosques, e teño que dicir que cando me decatei, pareceume do máis significativo. Pode que se celebre noutro ano con multitude de actividades pero neste 2020, as actividades do grupo remataron. Este ano toca celebralo dende dentro.

Lembrade por un segundo a fascinante sensación de estar nun bosque … Seguro que cada un de nós ten imaxes diferentes do que é un bosque, e seguro que tamén en todas elas a vida comunitaria é o máis destacado. Se algo é un bosque é unión e un obxectivo común, permanecer.

 

 

As árbores, hoxe en día máis que nunca, ensínannos que cada árbore debe coidarse por si mesma se o que se quere é crear un bosque. E ensínannos sen saber o que están ensinando, ese é o mellor xeito. Cada un aprende o que realmente quere ver … Esperemos que todos pronto vexamos que a unidade é forza e que podemos conectar as nosas raíces profundas para o ben común.

Que vivan os bosques! que hoxe espero o celebren sen as nosas visitas, na máis estrita privacidade …

 

 

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *