Puerperio: unha etapa de moitos cambios

Defínese como puerperio a etapa que vai dende a saída da placenta ata as 6 semanas do nacemento, pero realmente o concepto é moito máis amplo pois abarca moitos cambios a nivel físico e emocional.

Estos son os cambios físicos e emocionais desta etapa:

Cambios físicos máis importantes

  • Involución do útero: chegará ó seu lugar intrapélvico ó longo do puerperio. Poderás notar entortos, que son contraccións do útero que axudan a que volva ó seu lugar orixinal; nótanse máis cando o bebé mama.
  • Cicatrización de desgarros ou episiotomía. É preciso mante-la zona o máis seca posible, cambiando as compresas de maneira frecuente e ante cualquera alteración da ferida acudir á túa matrona.
  • A nivel do sistema urinario podes notar que ouriñas máis veces.
  • A nivel do aparato dixestivo: alívianse as molestias relacionadas co espazo ocupado polo bebé e polo influxo da proxesterona (ardor, refluxo…) pero poden perdura-lo estreñemento e as hemorroides; é preciso unha alimentación alta en fibra, beber abundante auga e realizar exercicio suave como camiñar.

Signos de alarma. Debes acudir ó médico si:

– Febre de 38 ºC ou superior.

– Inflamación na zona de sutura, enroxecemento/avermellamento, hinchazón, calor na zona afectada, dor e/ou supuración.

– Mamas excesivamente inflamadas con zonas enroxecidas/avermelladas/roxadas ou con sensación de calor. Gretas, punzadas ou dor nos pezóns pola lactancia.

– Dificultade para respirar ou dor intenso no peito.

– Dor ou escozor ó ouriñar e ganas frecuentes.

– Mareo, palpitacións, taquicardia.

– Escapes de ouriña.

– Sangrado vaxinal en aumento e cheirento.

– Hemorraxia importante.

– Dor ou hinchazón na zona do xemelgo ou no muslo, con enroxecemento/avermellamento e sensación de calor.

– Tristeza profunda, depresión ou sentimento de incapacidade para coidar ó bebé.

– Cefaleas intensas ou persistentes, sobre todo si van acompañadas de alteracións visuais, náuseas ou vómitos.

Cambios emocionais:

Quizáis sexan os máis importantes. Durante algo máis de 9 meses pasaches por numerosas consultas: da matrona, do tocólogo, clases de preparación ó parto, etc.

En canto nace o teu bebé, no hospital continúa ese apoio, arroupo e axuda por parte dos profesionais, pero en canto chegas á casa, de súpeto daste de conta de que estás ou estades “sós ante o perigo”. É dicir, atópaste cun bebé que te demanda a todas horas, seguramente a chegada á casa coincida coa subida do leite e podes ter dúbidas ou dificultades, quizáis haxa familiares benintencionados que che den consellos sen telos solicitado, pode que te atopes con información contradictoria por parte dos profesionais de saúde (debido en parte, á falla de actualización dos seus coñecementos sanitarios).

Pode que teñas un bulebule de emocións e sentimentos que se escapan do teu control.

Se queres, podes ler o artigo no que falamos en profundidade da parte emocional desta etapa.

 

Carla Estévez Fernández. Matrona. Col. nº8503

www.llamaalamatrona.org

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *