Puerperio soñado versus puerperio real

Quizáis durante o embarazo soñabas con ese momento no que ías ver ó teu bebé por primeira vez, cómo lle darías o peito, cómo o coidarías, cómo sería a túa nova vida, cómo sería a vosa relación de parella (se hai parella). Pero chegas á casa e atópaste cun bebé que chora e non sabes por que, tes sentimentos contradictorios, aparecen dúbidas, medos e inseguridades en torno á crianza e/ou lactancia.

Existen cambios na adaptación, pois agora hai un máis na familia. Pode que estranes esa independencia de antes e que te sentas triste e alegre ó mesmo tempo.

É moi necesario nesta etapa texer unha rede con outras nais/familias, onde apoiarse uns a outros, comprenderse e axudarse.

Para criar é necesario unha tribo, ó igual que o facían os nosos antepasados, quenes criaban ós seus bebés entre todos.

As matronas dos centros de saúde soen impartir un taller de lactancia no cal podes coñecer a outras mamás/familias na túa mesma situación. Existen así mesmo matronas que traballan de maneira privada, quenes van ó teu domicilio e coa comodidade de non ter que moverte da túa casa, valórante físicamente, a ti e ó teu bebé, valoran a toma de  lactancia (se é materna) e facilítanche información sobre a correcta preparación de biberóns se a lactancia é artificial. Acláranche dúbidas de crianza sempre dende a última evidencia científica e apóiante e comprenden e podes expresarte libremente sen esixencias nin xuízos.

Tamén existen asociacións como Rede CRIA, onde podes comparti-la crianza do teu bebé. E na actualidade, coas novas tecnoloxías, podes agregarte a un grupo de móbil ou de redes sociais onde haxa máis familias coas que compartir dúbidas, medos, inseguridades, etc.

O sentimento de mala nai

É habitual nesta etapa, o cansancio, os sentimentos de impotencia, de culpa,  pérdida de tempo para unha mesma, frustración, falta de confianza nunha mesma, baixa autoestima… todo o cal fai un cóctel perfecto para que aflore o sentimento de mala nai (síntome mala nai porque non sei coidar ó meu bebé, porque non sei calma-lo seu choro, porque non durme, ou porque durme mito, etcétera.)

Tes que saber que non eres unha mala nai, porque querer o mellor para o teu bebé, porque te preocupas polo seu benestar e porque o das todo de ti mesma para coidalo.

Ser nai é un dos maiores retos, pero tamén é instintivo e biolóxico.

Tódalas nais nos temos sentido malas nais nalgún momento, pero debes saber que o teu bebé só ten ollos para ti, que para él/ela, ti eres única, perfecta e especial. ¡Tan especial que te escolleu como a súa nai!

Tristeza posparto ou maternity blues

Esta tristeza aparece a partires do terceiro-cuarto día e remite sobre o día dez. Soe producirse por cansancio, falta de sono e a propia adaptación á nova situación.

Podes sentir:  Labilidade emocional, irritabilidade, choro fácil, ansiedade xeneralizada, trastornos do sono e do apetito.

Non require tratamento. Se non desaparece, consulta coa túa matrona ou médico.

O papel da parella

A parella pode sentirse insegura ou desorientada en canto ó que se espera dela e en canto á crianza do bebé.

Esta non presentará cambios físicos nin hormonais, pero sí haberá cambios emocionais e adaptativos. O seu rol mudou e agora ten que ser pai/nai e parella.

É un pilar básico no apoio emocional da muller, no coidado do bebé e no éxito da lactancia.

Pode xestionar as visitas no posparto, apoiar á nai na lactancia, brindarlle reforzo e confianza na súa capacidade para alimentar ó bebé.

Se a nai amamanta, a parella pódese ocupar doutras tarefas na crianza como cambiar cueiros, baño, paseo…

Finalmente, é preciso que haxa comunicación entre a parella e saber que os 2 estades aprendendo neste camiño da pa/maternidade.

 

Carla Estévez Fernández. Matrona. Col. nº8503

www.llamaalamatrona.org

1 thought on “Puerperio soñado versus puerperio real

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *