A violencia contra as mulleres é real e debemos erradicala, aquí e en Qatar

Parece mentira pero vivimos nunha distopía. Hoxe é 25N, o Día contra Internacional  da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, e aínda temos que repetir que a violencia contra as mulleres é real e debemos erradicala.

Mans violetas contra a violencia sobre a muller

25N, un día que chega a menos dunha semana despois do inicio do Mundial de Fútbol en Qatar. Hoxe os medios están a facerse eco das novas dun espectáculo deportivo nun país que non defende case ningún dereito humano, e ó tempo darán nomes e datos sobre a situación das vítimas de violencia de xénero no noso país.

Como chegamos así ó 2022?

Tantos anos, tantas campañas, recursos, políticas e axudas, tanta concienciación sobre a violencia de xénero, tantas institucións e empresas comprometidas, tantos plans de igualdade e grupos de traballo, tantas mortes, tantas crianzas orfas e familias destrozadas… E ó final, se o diñeiro está na mesa, esquecemos todo porque o que manda borra o que importa. E isto pasa aquí e acolá. Hoxe é o mundial nun país que é cárcere para as mulleres, que é morte para quen non ten cartos, pero iso é hoxe, como xa onte foron outras causas polas que puxemos a venda nos ollos.

Deixemos toda hipocresía atrás, Qatar so pon na mesa unha realidade que debería incomodar a empresas e institucións. As súas políticas de responsabilidade social corporativa convírtense en papel mollado cando deixan de lado os principios que proclaman ós catro ventos e polos que  mudan cores nos seus logotipos e crean hastags para concienciar a sociedade, se cando toca ser valentes e dar un paso adiante, calan o obvian a realidade, non considerándose interpeladas a dar un paso adiante.

Avancemos

De que valen as campañas e cartos adicados á concienciación se lle damos as costas a quen precisa da nosa axuda, da nosa voz? Avanzamos coma sociedade ou estamos no mesmo punto de sempre con clases e o diñeiro sendo o amo, coma noutras épocas pasadas?

Unha realidade incómoda tamén para a sociedade no seu conxunto, pois somos parte da engrenaxe. Coma familias, coma persoas comprometidas por un futuro mellor para as nosas crianzas, debemos seguir loitando para que a violencia cese, muden as conciencias e o cambio sexa real.

O mundo non avanza, seguimos instalados en campañas de imaxe que so serven para branquear e tranquilizar as nosas almas, agora é tempo de responder, de loitar contra unha deriva que fai que se volva atrás en logros xa obtidos hai anos. Lamentamos o retroceso e a deriva das mensaxes centradas na negación da violencia que sufrimos as mulleres pero esta loita, coa excusa do fútbol (e doutros deportes antes), non pode quedar en pausa para desfrutar dunha festa, sen ter en conta os cadaleitos que deixa detrás.

Sexamos o primeiro paso para conseguir o cambio que queremos.

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.