Escola de Familias

Quen coñece Rede CRIA dende os inicios, seguramente lembra o seu nacemento a partir das reunións de nais e bebés para poder falar sobre as súas experiencias e dúbidas respecto á crianza cunha inquedanza latente sobre as normas e costumes da sociedade e coa intención de mudalas en favor da crianza respectuosa, informada e con apego seguro.

Grupo de familias nun parque, baixo a sombra dunha grande e frondosa árbore e toallas na herba para que estén as crianzas. Día de sol. Primaveira. Tribo
A Tribo de Familias de Rede CRIA é o xermen da Escola de Familias

Eramos mulleres e familias cuestionando protocolos obsoletos e usos anticuados en ramas tan diversas e conectadas como alimentación, movemento libre, cueiros, sono… Unha batalla que precisaba do nacemento dunha tribo na que en base á confianza e ó respecto, reunirnos para fomentar e extender a nosa idea de que vivimos nun mundo adultocéntrico que debemos rachar para devolver ás crianzas o valor que, como persoas, xa teñen.

Estas tribos comezaron sendo reunións informais nas que falar, debatir e acoller a novas familias con necesidade de atoparse con outras familias no seu mesmo momento vital para aprender e liberarse da presión dun entorno que non comprende que outro modo de criar é posible.

Pouco a pouco a demanda de ferramentas e novas maneiras de actuar fixo que deramos lugar a Escolas de Familias que, moderadas por unha experta, abordaban un calendario de temáticas sobre as que poder profundizar. As escolas transformaron grupos de familias en familias en sí mesmas, cun grado de confianza extraordinario que lles permitía ter un nexo forte para o seu día a día e apostar máis pola crianza que desexan.

Volve a Escola a Rede CRIA

Agora, superadas a pandemia, os medos e as ganas de seguir compartindo e encontrándonos, recuperamos esa formación que tivemos que deixar de lado pola urxencia do momento. Así presentámosvos dous novos formatos.

Convidamos a tódalas familias interesadas a compartir e aprender sobre crianza respectuosa e con apego participando nesta Escola de Familias moderada polo psicólogo Marc F Quilez, os 3º sábados de mes, a partir de marzo, no CSCD As Pedriñas (Mos).

A gran familia que xurdiu da primeira escola, recupera as xuntanzas, esta vez de manera autoxestionada, intentando continuar así dende a confianza ese espazo de acompañamento e aprendizaxe fluido. Este grupo se reunirá os terceiros domingos de cada mes a partires de marzo tamén no CSCD As Pedriñas (Mos) .

Se queredes máis información non dubidedes en enviarnos unha mensaxe a través do correo info@redecria.es

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.