Presentación gratuíta para familias con MIUDIÑO

Obradoiro de presentación gratuito para coñecer as actividades que realizaremos xunto con MIUDIÑO os vindeiros meses.

Como xa comentamos anteriormente,  Rede CRIA organiza xunto coa Sociedade Cooperativa Galega MIUDIÑO unhas interesantes propostas de obradoiros para as familias. Realizarase un obradoiro o mes, dende outubro 2017 ata maio de 2018.

Propoñemos un primer obradoiro que se celebrará o vindeiro 2 de setembro ás 11:00 h. no Local da Comisión de Festas de San Xoan de Freixo (ao lado da Capela de San Xoan).

Neste obradoiro farase unha presentación gratuíta, na que as familias que asistan poidan ver unha representación do material mostrado, coñecer o funcionamento e a temática proposta e aclarar dúbidas.

Pregamos especifiquedes o nome dos asistentes e a idade dos cativ@s e unha vez inscritos, pregamos tamén a máxima seriedade, é dicir, se alguén non puidera asistir que nolo comunique o antes posible para poder cubrir esa vacante. Podedes enviar un email a info@redecria.es.

O aforamento é limitado.

Nota: o horario dos obradoiros está cadrado coa única liña de bus do Vitrasa que se dispón nesta zona de Vigo. A liña de bus a L17 dispoñíbel por Policarpo Sanz ás 10:15 h. e polo Pavillón de Castrelos ás 10:25 h. (importante: non hai máis liñas nin horarios de bus compatibles).

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.