Presentación de Rede CRIA en Foresta

O pasado luns 25 de setembro estivemos presentando a nosa Asociación nun espazo de aprendizaxe e de convivencia para familias e a comunidade en Foresta, Espacio de Aprendizaje Activo en la Naturaleza.

Foi fantástico atoparnos nunha reunión de tribo con familias amigas e caras novas que se achegaron para escoitar un pouco máis do noso proxecto, do que fixemos e do que faremos. Compartimos experiencias, coñecémonos un pouco máis…
 
Aquí tedes unha boa mostra do ben que o pasamos 🙂
Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.