Volven as Tribos

Chegan o sol, a calor e os días longos, as ganas de estar na rúa, de tribo e xuntanzas que rematen ó solpor…

Retiramos con prudencia as máscaras, volve a normalidade, e desta vez, de verdade.

Dende Rede CRIA foron varios os intentos por retomar as tribos, os encontros que foron a nosa seña de identidade. A precaución, os medos e as continuas ondas desta epidemia, que viu para quedar connosco, retrasaban a decisión.

Pero será a primavera, o cantar dos paxaros ou aínda non sabemos qué… que estamos animadas a xuntarnos en familia. E este primeiro encontro será en casa coñecida e con vellas amigas.

Así, queremos por fin poner cara a esas familias que se uniron nestes dous anos, reencontrarnos coas que levan máis tempo e coñecer ás nosas compañeiras de obradoiros e charlas virtuais, Teta e Coliño.

Por iso comezamos cun encontro para familias socias o próximo sábado 23 de abril no CSCD As Pedriñas para disfrutar do teatro de O Baúl da Tía Tola. Que ganas temos de xuntanzas e tribos familias!

A boa acollida das charlas virtuais, que ademais quedan na nosa videoteca a disposición das nosas familias, fai que decidamos igualmente continuar con este sistema e así, o domingo 24 ofrecémosvos unha charla importante sobre Seguridade Informática e Privacidade, da man de Mireia Murgoitio, programadora web, formadora e amiga de Rede CRIA.

Volvemos con ganiñas xa de vernos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.