Este grupo estará formado exclusivamente polas familias pertencentes a Rede CRIA e rexido polas seguintes normas en base ós principios da Asociación:
- Tódolos/as novos/as socios/as deberán solicita-la entrada no grupo ás Administradoras.
- Únicamente poderán facerse recomendacións en base a evidencias científicas e ás propias recomendacións dos organismos oficiais (OMS, AEP, etc), evitando así o «aminfuncióname».
- Defenderase a lactación materna.
- Non se permite a recomendación de medicamentos, para iso deberedes acudir ó/a voso/a médico/a ou pediatra.
- Non se admiten as faltas de respecto, insultos ou vexacións. É un motivo de expulsión e perda da condición de socio/a.
- Defenderase a crianza respectuosa e con apego.
- Non se permitirá a defensa da violencia de ningún tipo.
- Está proibido enviar mensaxes en cadea ou chistes ofensivos.
- Non se poderán compartir descargas ilegais.
- Somos unha grande familia, polo que entendemos que o que se fale aquí permanecerá aquí.
- Agradecemos que, no caso de existir algún problema, no-lo fagas saber a algunha das administradoras.
- Rede CRIA non se fai responsable das opinións ou comentarios das/os usuarias/os.