Rede CRIA xurdiu para crear tribo es ser punto de conexión para nais e familias preocupadas pola crianza respectuosa e vivir en sociedade. Dende os nosos comezos, un dos nosos obxectivos estivo en dar unha información veraz, contrastada e actualizada sobre tódolos procesos que vivimos dende a propia decisión de quedar embarazadas e ó longo de toda a crianza.
A violencia obstétrica é un deses aspectos importantes que todas descoñecemos ata que comezamos a cuestionarnos certas actuacións ou decisións por parte de profesionais que non dan tódala información e/ou traballan en base a protocolos caducados só baseados na súa propia comodidade. Non se trata de loitar por loitar senón de reivindicar que as cousas poden facerse dende outro prisma, pois o trato vai variar segundo onde esteamos.
O pasado ano puidemos conversar con Partera Guerrillera sobre «Parto sen intervención e Violencia Obstétrica» e nos sumamos ó manifesto de El Parto es Nuestro, «Cuando las mujeres hablan. Manifiesto contra la Violencia Obstétrica«.
A nosa voz conta
Hoxe somos nos mesmas quen visibilizamos a violencia obstétrica, que existe, así o neguen dende institucións e hospitais, e que as mulleres contamos e somos capaces de decidir e esiximos ser informadas con respecto e rigor.
Hoxe o Atlántico Diario entrevista a nosa presidenta para darnos voz e axudarnos a pedir un cambio de mentalidade no Sergas:
A loita contra a violencia obstétrica implícanos en moitos ámbitos e é loita tamén do feminismo.