Este ano, unha vez máis, a Plataforma prol Dereitos do Nacemento segue dando voz a aqueles que máis o necesitan: os bebés, que claman ser coidados e protexidos nos seus nacementos.
Queremos non só axudar á toma de conciencia sobre a importancia do nacer e a súa influencia na nosa vida como adultos, senón que ademais instaremos o Defensor do Menor para crear unha figura que protexa os dereitos que o bebé ten no momento do seu nacemento.
Se non tiveches a oportunidade de asistir o pasado 20 de maio á proxección do vídeo con motivo desta semana en defensa do parto respectado, aquí poderás visualizalo.
Se che gustou, comparte!