A crianza e a educación son aspectos que se volven obxecto de análise, comparativas e opinión en moitos niveis máis alá do ámbito estritamente familiar. E é que vivimos en comunidade e todo o que queiramos inculcar vaise ver reflectido fóra de casa.
Así é preciso ter as ideas principais moi claras para non ceder á presión da contorna ou mesmo á tensión para non caer en contradicións ou non lograr o clima que desexamos.
Cantas veces escoitamos ou vemos malos xestos cando un bebé chora demasiado, ou cando os peques corren ou xogan sen as directrices do comportamento adulto.
Esta sociedade na que o reloxo marca cada instante e todo son présas por chegar a todas partes non permite a calma e acougo que os nenos necesitan para crecer baixo o paraugas da seguridade e o apego: a educación e o entretemento dos pequenos van orientados cara á tranquilidade do maior de modo que en moitas ocasións non respectamos nin os seus procesos nin os seus intereses.
Porque, que é “unha labazada a tempo” senón unha solución rápida a un conflito?
Autoestima, límites, xogo… todo se pode lograr partindo do respecto e acompañamento aos ritmos dos nosos fillos.
Interésavos un modelo de crianza respectuosa para a vosa familia?
Queredes poder ter as claves para que a tensión ou a contorna non afecten ó voso modo de criar?
Tras a gran aceptación das charlas impartidas pola psicóloga Natalia Guedella, desde RedeCRIA decidimos aproveitar a súa formación e experiencia como especialista en intervención e orientación psicoeducativa con nenos e familias e no mes de xaneiro comezamos un ciclo de talleres orientados a familias interesadas na crianza respectuosa e con apego, as bases sobre as que se asenta esta asociación.
Unha vez ao mes en sesións de hora e media, Natalia introduciranos nos aspectos psicoevolutivos da infancia para darnos unha formación que nos permita lograr unha educación segundo os principios sobre os que nos asentamos. Buscando fortalecer os vínculos e a comunicación dentro da familia, aprender da experiencia propia e de grupo, adquirir coñecementos e recursos para situacións específicas, reforzar a autoestima, xestionar as emocións e manexar a tensión.
Estes son algúns dos obxectivos a que se expón este ciclo que se desenvolverá durante sete sesións sempre adaptando a xornada ás características das familias.
Animámovos a participar neste proceso tan fermoso que sen dúbida nos axudará a concebir unha sociedade máis respectuosa cos menores.
Lembrade que toda a información está dispoñible en www.redecria.es e para máis dúbidas e inscricións: info@redecria.es