19 de abril de 2017

Normas do Grupo de Whatsapp de Rede CRIA

Este grupo estará formado exclusivamente polas familias pertencentes a Rede CRIA e rexido polas seguintes normas en base ós principios da Asociación:

  • Tódolos/as novos/as socios/as deberán solicita-la entrada no grupo ás Administradoras.
  • Únicamente poderán facerse recomendacións en base a evidencias científicas e ás propias recomendacións dos organismos oficiais (OMS, AEP, etc), evitando así o «aminfuncióname».
  • Defenderase a lactación materna.
  • Non se permite a recomendación de medicamentos, para iso deberedes acudir ó/a voso/a médico/a ou pediatra.
  • Non se admiten as faltas de respecto, insultos ou vexacións. É un motivo de expulsión e perda da condición de socio/a.
  • Defenderase a crianza respectuosa e con apego.
  • Non se permitirá a defensa da violencia de ningún tipo.
  • Está proibido enviar mensaxes en cadea ou chistes ofensivos.
  • Non se poderán compartir descargas ilegais.
  • Somos unha grande familia, polo que entendemos que o que se fale aquí permanecerá aquí.
  • Agradecemos que, no caso de existir algún problema, no-lo fagas saber a algunha das administradoras.
  • Rede CRIA non se fai responsable das opinións ou comentarios das/os usuarias/os.
Cartel da Normas do grupo de WhatsApp