Rede CRIA cumple tres aniños!

 

Sabedes? Xa temos 3 aniños!

Con todo este lío do virus, do confinamento, do teletraballo, da conciliación á forza… da falta da tribo real… esquecimos que hai xa 3 anos naceu Rede CRÍA, naceu unha idea que foi tomando forza entre paredes, en chats de móbil e nas ilusións de moitas nais (case todas primeirizas) que buscaban algo máis cunha maternidade baseada no consumo de productos non tan esenciais, nunha crianza máis pausada e vivida que nos permitirá disfrutar da nosa familia con amor e tempo.

Agora gozamos do tempo, do tempo na casa, en aislamento, sen contacto coa contorna pero moito máis en contacto  coa familia. E é tempo de lembrar eses primeiros pasiños, cando xurdiron o nome, o logo, os comités de traballo, as ideas, as xuntanzas, os proxectos e ilusións. E canto avanzamos nestes tres anos, cantas imaxes veñen ás nosas cabezas, esa cativada que aínda observaba o mundo dende o noso colo, agora xa corre e escapa, son maiores, ampliaron o seu círculo grazas ás escolas infantís, os coles… pero esas primeiras amizades… aínda que non o lembren, están no seu adn, coma no de Rede CRÍA. 

 

Animádevos e compartide con nos as lembranzas máis especiais deste proxecto neste aniversario que quedo usen festa. Contádenos anécdotas, imaxes, pensamentos, axudádenos a gardar na galería os recordos da Festa Aniversario 2020.

 

 

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *