Rede CRIA fronte a Violencia Obstétrica

Dende Rede CRIA unímonos á iniciativa contra a Violencia Obstétrica de El Parto es Nuestro, da que forman xa parte máis de 60 asociacións e colectivos.

A Violencia Obstétrica, segundo a OMS, é a violencia exercida por profesionais da saúde cara as mulleres embarazadas, na labor de parto e puerperio, sendo unha violación dos seus dereitos reproductivos e sexuais.

Con esta campaña de concienciación, búscase sensibilizar, informar e dar voz a quen a sufre. Esta violencia incluso está recoñecida pola OMS e a ONU, que condena a España como responsable.

Para poder comprender fronte a que loitamos, compartimos a continuación o seu manifesto, o cal asinamos como asociación.

Manifesto: 
Cando as mulleres falan. Manifesto contra a violencia obstétrica.

Nesta primeira semana de outubro compartiremos distintas imaxes e mensaxes nas nosas redes sociais. Buscamos así concienciar e axudar a identificar esta realidade que seguen a sufrir moitas mulleres. Mulleres ás que non se lles ten en conta a súa opinión e vense violentadas e infantilizadas polo persoal sanitario.

Xa é hora de berrar e facerse escoitar para acabar con esta lacra que é tamén violencia machista e estructural. A voz das mulleres debe ser escoitada e debemos pedir responsabilidades, denunciar e conseguir unha lexislación acorde.

O listado de asociacións adheridas a esta iniciativa:

Lembra, se precisas apoio, durante o teu embarazo e/ou a crianza, podes porte en contacto connosco ou con algunha asociación preto de ti. Busca a axuda que precisas. A tribo de familias e nais é un recurso fundamental nesta época hipercapitalista e individualista na que criar pode volverse complicado.

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *