Unha historia de lactancia

 

Son mamá de dous nenos e levo dando teta 4 anos e 10 meses seguidos, case 5 anos da miña vida! Nestes últimos tempos, o esgotamento dos múltiples despertares nocturnos e detectarme un palpable agriamento de carácter a causa da falta de sono, me levou a tomar a difícil decisión de desleitar ao pequeno que, con dous anos e medio, asumiu estoicamente os entretementos sustitutivos, as negativas e as «pasapalabras» que lle din durante varias semanas, ata estar a dia de hoxe practicamente desleitado.

[…]