Son mamá de dous nenos e levo dando teta 4 anos e 10 meses seguidos, case 5 anos da miña vida! Nestes últimos tempos, o esgotamento dos múltiples despertares nocturnos e detectarme un palpable agriamento de carácter a causa da falta de sono, me levou a tomar a difícil decisión de desleitar ao pequeno que, con dous anos e medio, asumiu estoicamente os entretementos sustitutivos, as negativas e as «pasapalabras» que lle din durante varias semanas, ata estar a dia de hoxe practicamente desleitado.
Unha decisión difícil cargada de medos e culpas, e emborrallada por,non vou mentir, o sobreesforzo que facemos as nais para aleitar ós nosos fillos, e mais si se trata dunha lactancia prolongada. E iso que eu fun afortunada, nin unha mastite nen practicamente grietas nestes cinco anos…unha mistura de sorte, do marabilloso apoio «Proteta» e dun bo acceso á información (información é poder, e na maternidade, máis).
Agora, cunha mirada xa nostálxica e enfocada nunha nova etapa, un sentimento de amor e agradecemento me invade o corazón, desempaña os momentos de insomnio, descontractura as pegadas cervicais e me fai ter gañas de berrar GRACIAS! Gracias por ter podido darlle este agasallo ós meus fillos. Un regalo en forma de protección, alimento, amor, seguridade. Dicirlles tanto con tan pouco, mentres eles con cariñas concentradas e ollos dilatados o reciben na máis pura serenidade. Na teta todo está ben, todo empeza e todo acaba.
E sentíndome en paz por chegar o final desta etapa, aceptando que era o meu momento de desleitar, que foi todo o respetuoso que pode ser un desleitamento dentro de ser unha decisión unilateral…Sigo berrando (non moito , que durmen) que son moi afortunada por ter desfrutado estes cinco anos de lactancia, non o cambiaría por nada.
Feliz semana da lactancia materna.