febrero 12, 2021

Actividades

A oferta de actividades que ofrecemos como asociación, xorde dunha problemática que nos atopamos como familias: a sociedade non reparaba en actividades, talleres, xuntanzas o charlas dirixidas a familias en xeral.

Rede CRIA naceu da idea de que as familias debemos criar en tribo, xunto outras familias cos nosos ideais e principios. Desta unión saiu esta iniciativa que nos une: a idea de que outra crianza é posible, unha que poña ás persoas no centro, conseguir unha sociedade máis amable para con as crianzas e as familias.

Como a oferta non é a que queremos, dende Rede CRIA propoñemos diversas actividades coma tribos, charlas ou talleres para toda a familias e nas que sempre a cativada está convidada.

Para coñecer ben as nosas propostas, consulta a nosa axenda a través dos nosos perfís en redes sociais. Aquí resumimos estas ideas.

Tribo

As xuntanzas de tribo están no noso ADN, son a nosa esencia porque delas xurdiu esta asociación de familias. Son encontros entre iguais para sentir o calor e a comprensión doutras familias no mesmo momento vital.

A pandemia aislounos, pero pouco a pouco recuperamos estas xuntanzas para coñecer a tódalas familias desta grande Rede e invitar a novos membros a unirse a esta maneira de criar.

Charlas

O que como familias demandamos  é acceder a unha información veraz e actualizada, contrastada por organismos oficiais e alonxarnos dos bulos. Fuximos das tácticas de venta e fume que tantas dúbidas crean conforme a nosa maneira de criar.

Precisamos profesionais con formación actualizada, coa nosa mesma idea dunha crianza responsable e respectuosa. Por iso, en Rede CRIA buscamos e ofrecemos charlas e obradoiros sobre diversos temas de gran importancia para as familias da man de ponentes de confianza: primeiros auxilios, porteo, seguridade nas redes, odontoloxía, relacións intrafamiliares, desenvolvemento artísitico…

Talleres

Facer descubrir ás nosas crianzas actividades máis aló dos parques e as escolas é algo moi enriquecedor para as familias. Axudan a sair de rutinas, atopar novas maneiras de disfrute, coñecer xente nova e disfrutar en grupo de novas experiencias: concertos, teatro, expresión artística, ioga…