As nosas propostas para Xullo en Rede CRIA

Dende Rede CRIA estamos a preparar un mes de xullo cheo de encontros por todo Vigo para que as familias que queiran formar parte deste soño podan coñecernos segundo as súas posibilidades.

Hai un proverbio que di que para criar a un cativo é preciso da tribo, algo moi alonxado das posibilidades reais que na actualidade se atopan moitas familias cando o bebé chega as súas vidas. A crianza é unha experiencia incrible que pode tornarse complicada se non se conta cun contorno que comparta as ideas e intereses nos modos educativos. Así a tribo convértese nese conxunto de familias que se reúne de maneira periódica para axudar coas dúbidas e dar á súa cativanza un momento de xogo e lecer con outros cativos e non estar soamente rodeados de adultos.

Rede CRIA aposta dende o comezo por esta idea, o cal xa ven da súa orixe nos obradoiros de lactación do centro de saúde, xa que proporciona un desafogo para as preocupacións iniciais que toda a familia atopa nos primeiros meses e na evolución dos cativos.

A asociación busca extender e dar a coñecer este estilo de crianza a tódalas familias do noso contorno e por iso, aproveitaremos o verán para facer encontros ó aire libre en diferentes ubicacións e días da semana para facilitar o desplazamento e a participación de familias socias e con inquedanzas comúns.

Así animámovos a participar destes encontros de tribo nas seguintes datas:

  • sábado 1: no parque do Castro, a partir das 11:30
  • martes 4: no Pazo de Castrelos, a partir das 17:30
  • domingo 9: na praia da Fonte (Alcabre), a partir das 10:30
  • xoves 13: no parque do Castro, a partir das 17:30
  • luns 17: no Pazo de Castrelos, a partir das 17:30
  • sábado 29: no parque da Riouxa (Teis), a partir das 17:30

Recordade que a participación é aberta e non fai falla confirmar asistencia.

Novas actividades para este mes

Por outra parte se están a preparar dúas novas actividades para este mes para os socios (e para os non socios no caso de non encher tódalas prazas).

O sábado 15, ás 18h. en VigoSónico, terá lugar a carla “Achegamento á pedagoxía Waldorf” e o domingo 30 se celebrará a “Mini Festa da Auga” no parque Quiñones de León (no Pazo de Castrelos). Para estas dúas actividades abrirase un periodo de inscrición do que teredes máis información a través da nosa páxina e nos perfís de Facebook e Twitter.

 

Contamos con todos vos e vos recordamos que se estades interesados e que se organice algunha actividade ou querédela impartir, podédelo solicitar a través do correo info@redecria.es

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.