A Asociación Rede CRIA présentase en sociedade

A asociación de Crianza Respectuosa, Informada e con Apego, Rede CRIA, foi presentada oficialmente na Casa Galega da Cultura.

A mans da presidenta e vicepresidenta, o acto, que contou coa presencia de moitos menores, convertiuse nunha defensa dun modelo de crianza que acepte que o neno nace nunha sociedade que lle é hostil e debemos conseguir que sexa acolledora aceptando que o proceso madurativo é diferente en cada un.

Rede CRIA xurdiu dun soño xestado nos obradoiros de lactación do centro de saúde Nicolás Peña, de Vigo. Este punto de encontro de familias se convertiu nunha pequena grande tribo esencial nun momento tan sensible. E como agradecemento á persoa que loita día a día na defensa dunha maternidade entendida dende o amor, nomeouse como socia honorífica a Ángeles López, a matrona do centro de saúde.

Este ambulatorio é o pioneiro en Vigo en adherirse á Iniciativa para a humanización da asistencia ó nacemento e a lactación (IHAN, siglas en inglés) da OMS e quen leva os obradoiros de lactación que se reúnen no centro.

Igual que nun embarazo, o proceso de creación da asociación, foi froito de varios meses de traballo e confección de áreas diversas para dar saída ás necesidades que estas familias atopan no seu concepto de crianza. A asociación busca ser fonte de información para familias que teñan os mesmos principios establecendo un diálogo de familia a familia, potenciar actividades e alternativas de lecer saudable e a reclamar prácticas respetuosas e actualizadas segundo os organismos oficiais por parte de profesionais educativos ou sanitarios.

Aproveitando a presencia de representantes e membros doutras asociacións afíns, destacouse tamén a necesidade de unirse nas reivindicacións que comúns e traballar para converter Vigo nunha cidade aberta ós nenos. A presentación serviu tamén para dar a coñecer as primeiras actividades a realizar pola nova asociación.

Así o vindeiro 13 de maio terá lugar a presentación pública en Vigosónico, e o día 27, a socia e matrona Carla Estévez ofrecerá unha charla sobre prevención e actuación no caso de accidentes no fogar, dirixido a familias. Asímesmo se organizan reunións de tribo como a que terá lugar este sábado na Casa da Xuventude de 11:30 a 13:30.

Tes maís información na nosa Axenda.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *