Asóciate! Esta Rede estará compracida de terte coma membro.
Formar parte de Rede CRIA é formar parte dunha tribo de familias coas que compartir as inquedanzas e momentos da crianza, dende as preocupacións ás xuntanzas de xogo e lecer no que disfrutar tódalas familias.
Vantaxes de asociarse:
- acceso preferente ás actividades organizadas con límite de asistencia
- gratuidade ou prezo reducido ás actividades organizadas que impliquen algunha cuota
- un grupo de WhatsApp no que estar en contacto para falar, debatir e propoñer actividades…
- videoteca: acceso ó arquivo de Vimeo de charlas ofrecidas de maneira virtual
- biblioteca: temos á disposicións unha serie de títulos para préstamo
- formar parte da nosa comunidade a través das redes sociais: Facebook, Instagram e Twitter
Requisitos para asociarse
Formar parte de Rede CRIA é sinxelo, simplemente precisas:
- Comparti-las bases da crianza respectuosa.
- Ser maior de idade no momento de solicitar o ingreso.
- Comprometerte cos fins da asociación
- Que leas os nosos principios e manifiesto.
- Estar ó día no pago da cuota como familia socia: 30€ anuais