Falamos sobre a pedagoxía Waldorf + Fotos da Charla

Hoxe en día están en auxe as pedagoxías alternativas xa que todas as familias conscientes están a buscar unha mellor opción educativa para os seus fillos e fillas.

Unha educación que lles axude a desenvolverse como individuos sans e plenos.  Por este motivo Rede CRÍA quixo ofrecer unha charla sobre a Pedagoxía Waldorf para dala a coñecer ante as familias que estivesen interesadas.

A Pedagoxía Waldorf iniciouse en 1919 nunha fábrica de cigarros chamada Waldorf-Astoria, de onde vén o seu nome.

Emil Molt, director da fábrica, pediulle a Rudolf Steiner, que estivese á fronte do proxecto pedagóxico que definiría a escola que querían crear para os fillos dos empregados da fábrica.

Ao pouco tempo xa se difundiu a outros países.

As bases pedagóxicas

Unha das bases pedagóxicas máis importantes é a do respecto á individualidade de cada alumno tendo en conta o seu momento evolutivo e as súas circunstancias persoais. Para iso é necesario coñecer a biografía humana (estudo do desenvolvemento do ser humano en base a septenios) así como os temperamentos (sanguíneo, melancólico, colérico e flemático), que poderiamos dicir que é como o carácter esencial de cada persoa.

Finalizouse a charla facendo alguns xogos de rolda e cantando algunhas cancións propias dá pedagoxía Waldorf.

Rudolf Steiner buscaba potenciar a saúde e en caso de carecer dela devolvela e reforzala, por este motivo, tal e como dicía el: é importante para os mestres saber tanto de medicina como da súa profesión.

Aínda que poida soar esaxerado o certo é que nas formacións de mestres Waldorf teñen materias que estudan diferentes patoloxías para saber que facer ante cada posible situación.

Ariane Góes, arteterapeuta pola mesma corrente que a Pedagoxía Waldorf,  explicounos na charla celebrada en VigoSónico en profundidade estes temas así como a importancia do período imitativo que está sobre todo presente nos 7 primeiros anos. O ambiente, os materiais dos xoguetes que empreguen e a nosa actitude son moi influentes para o san desenvolvemento dos nosos fillos e fillas polo que sería recomendable ter en conta estes aspectos ou polo menos reflexionar sobre eles.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.