Por todas nós, seguimos a reivindicar o 8M

8M Mans pola igualdade

Por tódalas mulleres, porque queremos vivir  nun mundo corresponsable e en igualdade.

Porque as mulleres somos a metade da humanidade, existimos, temos voz e queremos estar representadas en base a nosa realidade, non somos a outredade.

Porque as mulleres non estamos nin a venda nin en alugueiro, porque non queremos ser vistas en base ó noso aspecto ou á nosa familia e contorna.

Porque as mulleres somos quen de facer o que queiramos e queremos liberdade, igualdade e respecto.

Traballamos porque o 8M non sexa necesario, porque é canso reivindicar os nosos dereitos, cada día, ano tras ano.

Polas que foron, as que somos e as que serán.

#8M2022

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.