Presentación pública da asociación Rede CRIA

O pasado sábado 13 de maio, dúas semanas despois da presentación oficial, Rede CRIA celebrou unha presentación pública dirixida ás familias comprometidas cunha  crianza respetuosa.

O acto tivo lugar nas instalacións de VigoSónico, no Polígono Tecnolóxico de Valadares, e pertencente á Consellería de Xuventude do Concello de Vigo. A él asistiron  familias socias e familias interesadas en formar parte deste proxecto. Un aforo completo no que había nais, pais, avós, educadores e no que os cativos tiveron un lugar destacado no medio da sala onde estiveron xogando durante todo o evento. Foi un encontro no que se respirou un sentimento de tribo que propiciu seis novas inscripcións.

A presidenta comezou presentando a orixe da asociación dende os talleres de lactación e fixo un repaso polo que significa e o que pode aportar ser parte de Rede CRIA. A continuación dúas socias fundadoras falaron sobre a súa propia experiencia e sobre a creación dun departamento de reclamacións para axudar as familias con problemas nos ingresos das nais ou bebés nos hospitais . Tamén tivo voz un pai para amosar que eles tamén son unha parte fundamental nesta aventura, constituindo un apoio básico para as súas parellas e reivindicando a necesidade de tribu que tan ben fixo á súa familia nos momentos de soidade que se producen coa chegada dun bebé.

O encontro, que tivo unha duración de casi dúas horas, invitou ós asistentes a participar nas reunións de tribo que semanalmente teñen lugar na ludoteca da Casa da Xuventude, sendo abertas a tódalas familias con inquedanzas afins. Asimesmo finalizou recordando as actividades xa programadas por Rede CRIA para este mes: o videoforum “SOS Nacemento: a voz dos bebés” este sábado na Casa da Xuventude e un obradoiro sobre Primeiros Auxilios no Centro Cívico de Teis o día 27 e dirixido ós socios.

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.