Tendo coma obxectivo principal converternos nunha rede de apoio a una Crianza Respectuosa, Informada e con Apego, os nosos principios e valores son:
- Promover e difundir un modelo de crianza respectuosa, baseada no concepto de apego seguro e de respecto cara as nenas e nenos, así coma as relacións igualitarias entre xéneros, relacións de non violencia e respecto mutuo.
- Crear unha rede de apoio ás familias que decidan levar unha crianza respectuosa e/ou natural.
- Reivindicar que os profesionais da saúde, educación e a sociedade en xeral apoien un modelo de crianza baseado no respecto ós cativos e cativas.
Se desexas saber máis acerca dos nosos principios podes ler o noso manifesto así coma os nosos estatutos.