Gran sorteo de Samaín 2020

Achégase o Samaín e dende Rede CRÍA non queremos esquecer a que sempre foi unha das nosas tribos máis divertidas e terroríficas. Este ano, un monstruo de verdade chamado virus impide a nosa xuntanza pero non por iso deixaremos ás nosas familias sen a diversión e os sorteos.

Así, animamos a todas a participar nun sorteo de fotografía onde poderedes gañar agasallos moi chulos.

Enviádenos unha foto da vosa familia, dun postre terrórifico e/ ou dunha manualidade de medo e poderedes ser gañadores dun conto cortesía da xoguetería respetuosa Patapum, un cuello/braga ou un porta-máscaras cortesía ambos de Costuras de Ana.

Cada familia pode enviar un máximo de 3 fotografías: unha por cada categoría e os regalos serán:

–          1 conto para cada unha das 3 fotos gañadoras de Familia Terrorífica

–          1 braga cuello para cada unha das 3 fotos gañadoras de Postre Terrorífico

–          1 porta-máscara para cada unha das 3 fotos gañadoras de Manualidade terrorífica.

O prazo para o envío das fotografías será entre o 26 de outubro e o 1 de novembro ambos incluídos a través do correo info@redecria.es ou o grupo de familias socias de Whatsapp. As fotografías enviadas serán compartidas nas nosas redes sociais e no blogue de www.redecria.es polo que o envío implica a aceptación desta condición.

Animádevos a participar e encher as nosas redes de imaxes de festa!

Volve o Samaín!!!!

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *