As lentes violetas

Hai violencia de xénero visible e outra que non o é tanto. Unha canción a priori inofensiva que ilustra unha parella na que a muller é unha mera propiedade do home, esos comentarios banales sobre o físico das mulleres que sempre restan e nunca aportan, a dúbida que pende por riba dunha vítima de abuso sexual.

Hai violencia de xénero que ten nome e apelidos e outra que se dilúe na sociedade. Un comentario paternalista no traballo, o marketing «rosa» que vende o mesmo pero diferente, a pregunta de como ía vestida.

A veces custa anos decatarse de cousas que non se ven a primeira vista.

Medrar como sociedade pasa por identificar todo tipo de violencia exercida sobre as mulleres. Acadar un mundo no que se respecten os nosos dereitos implica un traballo de fondo que comeza por identificar as maiores inxustizas e as máis pequenas. Comecemos unha nova visión que erosione ós poucos os gordos pilares do patriarcado.

E ti, xa puxeche as lentes violetas?

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.