A ti pai

A ti, pai, que non axudas á túa parella senón que te fas cargo da túa parte da responsabilidade.
A ti, pai, que te encargaches de todo o demáis para que a túa parella puidera estar co voso bebé nos momentos máis necesarios.
A tí, pai, que se che enchen os ollos de orgullo vendo o marabilloso ser que axudaches a florecer.
A ti, pai, que les contos tódolos días.
A ti, pai, que estás ata as 3 da mañán montándolle unha cociniña.
A ti, pai, que aínda cansado decides levar ó teu peque ó parque.
A ti, pai, que espertas na metade da noite para asegurarte de que o teu cativ@ está ben.
A ti, pai, que permites chorar ó teu fill@.
A ti, pai, que es un exemplo para o teu pequen@.
A ti, pai, que te esforzas cada día en levar unha crianza o máis respectuosa e axeitada ó teu nen@.
A ti, pai, que soubeches pedir perdón cando non mantiveches os nervios a raia.
A ti, pai, que lle falas con dozura ó teu peque.
A ti, pai, que contestaches máis de vinte veces á mesma pregunta con case a mesma paciencia que a primeira vez.
A ti, pai, que te disfrazaches para bailar co teu pequen@.
A ti, pai, que te deixaches pintar as uñas ou maquillar.
A ti, pai, que levas no teu colo ó teu cativ@ o tempo que sexa preciso.
A ti, pai, que validas os sentimentos do teu fill@.
A ti, pai, que non che importa o que os demáis pensen ou digan cando o teu nen@ ten unha rabieta en público.ç
A ti, pai, que es pai e nai.
A ti, pai, que medras co teu fillo ou filla.
A todos e cada un de vos, feliz día do pai. Este é o voso día, como o son todos os días dende que formaches a túa familia.

Grazas por seres o pai que precisa o teu fill@, grazas por axudar ó cambio.

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.