Gran sorteo de Samaín 2020

Achégase o Samaín e dende Rede CRÍA non queremos esquecer a que sempre foi unha das nosas tribos máis divertidas e terroríficas. Este ano, un monstruo de verdade chamado virus impide a nosa xuntanza pero non por iso deixaremos ás nosas familias sen a diversión e os sorteos.

Así, animamos a todas a participar nun sorteo de fotografía onde poderedes gañar agasallos moi chulos.

[…]

Unha historia de lactancia

 

Son mamá de dous nenos e levo dando teta 4 anos e 10 meses seguidos, case 5 anos da miña vida! Nestes últimos tempos, o esgotamento dos múltiples despertares nocturnos e detectarme un palpable agriamento de carácter a causa da falta de sono, me levou a tomar a difícil decisión de desleitar ao pequeno que, con dous anos e medio, asumiu estoicamente os entretementos sustitutivos, as negativas e as «pasapalabras» que lle din durante varias semanas, ata estar a dia de hoxe practicamente desleitado.

[…]

Rede CRIA cumple tres aniños!

 

Sabedes? Xa temos 3 aniños!

Con todo este lío do virus, do confinamento, do teletraballo, da conciliación á forza… da falta da tribo real… esquecimos que hai xa 3 anos naceu Rede CRÍA, naceu unha idea que foi tomando forza entre paredes, en chats de móbil e nas ilusións de moitas nais (case todas primeirizas) que buscaban algo máis cunha maternidade baseada no consumo de productos non tan esenciais, nunha crianza máis pausada e vivida que nos permitirá disfrutar da nosa familia con amor e tempo.

[…]