Fai uns días os medios facíanse eco dunha nova estadística demoledora: Triplícanse os casos de violencia de xénero entre os adolescentes.
No noso pequeno núcleo estremecíansenos os corazóns. Qué é o que está acontencer? O certo é que non temos a resposta, gustaríanos tela, pero non é así.
Sería inocente tratar de ler esta realidade dende unha sola óptica. Sabemos ben que a violencia machista é un iceberg, do que percibimos quizais 3 ou 4 «liñas de traballo» pero baixo a superficie poderiamos atopar 10 ou 20 máis.
Sabemos que o traballo pasa por erradicar as ideas que comprenden o sexo como relación violenta e sumisión, o amor coma unha meta vital para as pobres mulleres atrapadas nos seus castelos e custodiadas por dragóns… e temos claro que en Rede Cria daremos cabida a estas temáticas e outras similares que poidan xurdir e traballen na reflexión colectiva necesaria.
Pero queremos ser positivos tamén. Queremos crer que algo xa estamos a facer ao respecto. E é que cremos que criar con respecto aos cativos forma parte do camiño para que non precisen someter a alguén para sentirse queridos. Para que non acepten que a sumisión e o control forma parte do amor.
Debemos seguir aprendendo
Debemos aprenderlles desde nenos que as relacións de amor falan de apoio, comprensión, de respectar os espazos e os límites cando estamos anoxados e non de chantaxes, amenazas, «póñome triste se non fas isto«.
Debemos aprenderlles que ninguén ten dereito a facerte sentir mal ou inadecuado. Se isto pasa tes dereito a fuxir. Debemos deixar de transmitir «indefensión aprendida»
Debemos aprenderlles o respecto ao seu corpo. Só eles deciden quén e cándo os toca, bica, abraza
Debemos aprenderlles que ás veces perdemos o temple e podemos berrarlles. Pero que isto é algo que está dentro de nós e non dentro de eles. Pedirlles sempre perdón cando ocorre. Que somos persoas e tamén nos equivocamos. Pero xamáis deben entender que «así é cómo nos fan poñer»
Debemos seguir. Seguir aprendendo. Aprendéndolles. Amando. Amándoos.
Texto realizado por Andrea – socia de Rede Cria