Como é o porteo seguro? – #EBW2017

A día de hoxe, cada vez é mais habitual ver a xente porteando polas nosas rúas. Sen embargo, non sempre se portea de forma axeitada, seguindo os preceptos do porteo seguro.

Para comezar, hai que ter en conta a fisionomía e desenrolo motor do noso bebé, respectando sempre as súas posturas naturais. É dicir, non forzar a apertura das pernas, respectar a forma  natural da súa columna (en C cando son recén nados, que se vai elongando e adquirindo as lordoses cervical e de coxis segundo medran e aguantan sentados) e a colocación dos xeonllos, máis arriba que o coxis.

Imaxe: mamisybebes.com

En función de isto, debemos descartar portealo por exemplo mirando cara adiante, dado que forzamos a súa espalda o apoiala contra o noso peito. Esta posición, ademáis, conleva unha sobreestimulacion, ó non poder ó neno refuxiarse no corpo do porteador cando se sinta canso de ollar ó que o rodea.

Tendo en conta isto, temos moitas opcións, case tantas coma familias, para escoller o noso sistema de porteo. Podemos optar por pano, elástico, semielástico ou tecido, cada un con opcións distintas de anudar e colocación no noso corpo, edistintas composicións. Mochilas das moitas dispoñibles no mercado, tendo sempre en conta o grado do desenrolo motor no noso fillo para elexir a adecuada.

Existen tamén as bandoleras de anillas. E moitos portabebés tradicionais de outras culturas, coma por exemplo o podaegi e onbuhimo de orixe asiática,  tecidos wax africanos que se anudan dun xeito característico rodeando o tronco do porteador pero non os brazosnen ombreiros, perrajes ou rebozos,típicos en moitas zonas da zona de América do Sur.


Sexa cal sexa o elexido por ti, por vos, consulta con unha asesora ou asesor de porteo se tés dúbidas, son os profesionais indicados para axudarche a disfrutar a pleno rendemento da experiencia tan bonita que resulta portear ó teu bebé, de xeito cómodo se seguro para ti e para él ou ela.

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.