Lactación: a unión perfecta #SELM17

Vivimos nunha época na que todo muda a un ritmo incríblemente rápido, as modas chegan e marchan case sen darnos conta, poucas cousas permanecen nun contorno no que as prisas e o reloxo marcan o ritmo.

Pero de repente, prodúcese un agasallo. Un bebé chega a casa e o tempo se detén, os ollos están só destinados a esa vida que comeza a descubrir o mundo e non sabe de estrés nin de tempos, só busca o amor duns brazos e duns peitos que o sosteñan. Os días multiplican ás horas e, ó tempo, os minutos pérdense en miradas, e leves movementos.

Cando todo esto se produce, a conexión da nai co bebé é tan idílica que o propio contacto fai tremer o espíritu dende ben adentro. O alimento que xera o corpo da nai é o único que precisa o novo membro para medrar e atopar o seu espazo dende que saíu das súas entrañas.

Afrontar a nova etapa

Moito se fala de que a maternidade non é só este camiño de rosas, ese conto cheo de ledicias que enche sonrisos. As dificultades existen, están ahí, no día a día, en cada novo medo que sube á cabeza porque a responsabilidade non está en cada un senón na nova presenza que se abre camiño nas nosas vidas.

A maternidade perfecta seica non existe pero a máis próxima conta con algúns fíos en común que debemos ter en conta e nos que conseguir que a nai acade a tranquilidade para poder adicarse a súa nova condición, é peza fundamental.

O apoio da contorna

Nesta tesitura ten unha gran importancia a lactación pois é a unión perfecta ente os dous (ou máis) seres que comezan a coñecerse en persoa nunha nova etapa chamada exteroxestación.  A lactación pode costar, producir gretas, tensión, medos, cansancio, agotamento, pero tamén unha sensación de calma e tranquilidade cando se consegue a conexió, e por iso é preciso loitar e alentar a nai que aposta por esta alimentación.

É o traballo é de todos, en primeiro lugar da nai que debe informarse e informar o seu contorno sobre a súa decisión. Da familia e amigos para apoiar, axudar e facilitar un ambente propicio sen preocupacións externas como as visitas, cociña, limpeza… Da xente da rúa, non xuzgando nin increpando, senon dando facilidades e sendo discretos. E dos sanitarios, sobre todo do persoal médico e de enfermería, non ofrecendo como primeira solución ante unha crisis ou problema de lactación, ó paso ó leite de fórmula ou os cereais.

Aleitar debe ser unha experiencia fermosa para toda nai que decide optar por facelo porque no momento que produce máis tensión que relax ou máis dor que pracer, o estrés transmitirase ó bebé e non será esa etapa dulce que debería.

Semana Europea da Lactación Materna

Por eso non está de máis lembrar, nesta Semana Europea da Lactación Materna, que hoxe comeza, que:

  • aleitar non doe: se che sucede acude a un profesional para revisar a causa (postura, agarre frenillo…)
  • ese primeiro biberón de “axuda” pode ser o comezo do fin da lactación materna exclusiva
  • unha nai enferma pode medicarse: case todos os medicamentos son compatibles, consulta en e-lactancia.org e informa ó persoal sanitario
  • a OMS recomenda unha lactación exclusiva de 6 meses, aconsellada ata os 2 e ata que nai e bebé queran
  • aleitar non é unha moda, é o natural e foi o normal ata hai medio século
  • o peito que alimenta ademáis da calor, reconforta, sana e apacigua

Así só nos queda desexarvos a nais, pais, parellas, avos, familias, amizades, persoal sanitario, vecindade e xente da rúa: Feliz Semana Europea da Lactación Materna!

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *