A tribo empodera os seus membros
Transfórmaos dende o interior
Racha cos que non queren que as cousas muden
Involucra a todos nun concepto de crianza tan novo coma antigo
Busca a armonía en todo o proceso
Ordena o noso mundo para dar valor ó realmente importante.
Toma o teu tempo
E busca a túa tribo
Criar en tribo axuda a crar unha comunidade comprometida
Hoxe é posible unha crianza
Alentada polas vivenzas con outras familias
Mentalizadas cun proceso á longo termo no que
A sociedade que queremos crear será real
Únete á tribu se precisas axuda
Non dubides xa que todos estamos na mesma situación
E comprendemos os medos e inquedanzas
Ten por seguro que medrar en comunidade
E nun de solidariedade faranos máis seguros.
Rede CRIA, forma parte da nosa tribo
Para criar é precisa a tribo, algo alonxado da situación actual de moitas familias. A crianza é unha experiencia incrible que se torna marabillosa se se conta cun contorno que comparta as mismas ideas e principios.
Así a tribo transfórmase no conxunto de familias que se reúne periódicamente para axudar e dar á súa cativanza uns momentos de xogos e lecer en compañía e non só rodeados de crianzas.
Se precisas da tribo, conta connosco, dende Rede CRIA organizamos encontros para familias, para disfrutar cos peques e maiores.
Contacta ou síguenos en redes e na nosa páxina para estar ó tanto das datas.