Unha historia de lactancia

 

Son mamá de dous nenos e levo dando teta 4 anos e 10 meses seguidos, case 5 anos da miña vida! Nestes últimos tempos, o esgotamento dos múltiples despertares nocturnos e detectarme un palpable agriamento de carácter a causa da falta de sono, me levou a tomar a difícil decisión de desleitar ao pequeno que, con dous anos e medio, asumiu estoicamente os entretementos sustitutivos, as negativas e as “pasapalabras” que lle din durante varias semanas, ata estar a dia de hoxe practicamente desleitado.

[…]

Sen matronas no hospital

Chegan noticias preocupantes desde a planta de maternidade do hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, un hospital inaugurado hai pouco máis de dous anos e que trouxo modernidade ás instalacións médicas da cidade e a súa área metropolitana. Grandes corredores, habitacións individuais para a tranquilidade de nais e bebés, unha luz branca que dá a benvida calidamente a ingresados e visitas. […]

Puerperio soñado versus puerperio real

Quizáis durante o embarazo soñabas con ese momento no que ías ver ó teu bebé por primeira vez, cómo lle darías o peito, cómo o coidarías, cómo sería a túa nova vida, cómo sería a vosa relación de parella (se hai parella). Pero chegas á casa e atópaste cun bebé que chora e non sabes por que, tes sentimentos contradictorios, aparecen dúbidas, medos e inseguridades en torno á crianza e/ou lactancia. […]