Rede CRIA coa Semana Mundial da Lactación Materna

Esta conmemoración nace en 1990 na sede da Organización Mundial da Saúde para a promoción e defensa da lactación materna, que se ben é o natural, en moitos casos é motivo de controversia e censura.

A lactación é a mellor maneira de ofrecer ós cativos a alimentación que precisa dende o nacemento e nos primeiros anos de vida. Así, dende a OMS recoméndase unha lactación exclusiva durante os 6 primeiros meses de vida. Sen embargo, debido ó ritmo de vida acelerado no que nos atopamos, á búsqueda do máis sinxelo, ós intereses comerciais e a falta de actualización de moitos profesionais, atopamos que son moitas as nais que por falta de apoio e información recorren á unha alternativa sen necesitalo realmente, comezan a introducción de alimentos ós 4 meses e/ou abandonan ó peito cando ó neno “é grande” ou coa volta ó traballo.

Son moitos os mitos con respecto á lactación materna e por iso é preciso que se leven a cabo campañas de concienciación e promoción para empoderar ás familias e que non cedan ás presións externas ou a simple desinformación.

Así, rompendo con algúns deses mitos, queremos enumerar as das bondades:

  • É o único alimento que se adapta ás necesidades do bebé: según a súa idade, se está enfermo, se a nai o está…
  • É económico e de fácil preparación: responde así a “alimentación a demanda” non tendo que esperar a preparar e calentar
  • Se doe é porque a postura non é correcta ou existe algún problema que un profesional poderá detectar e resolver
  • As mastites ou obstruccións non supoñen a fin, resólvense antes se o cativo está no peito “malo”
  • É un alimento de rápida dixestión e é o neno o que toma segundo as súas necesidades
  • É alimento, protección, consolo e agarimo, aumenta ó vínculo coa nai e con toda a familia

Porque aleitar é un dereito da nai e da cativanza, un dereito que pode exercerse en todo momento e lugar, porque é unha decisión da familia que debe ser respectada e aceptarse con naturalidade, porque o peito non é un obxecto sexual que deba incomodar, porque se estamos aquí é porque durante séculos, só existía ó peito para alimentar os nosos antepasados.

Así, dende Rede CRIA sumámonos á esta campaña e, baixo as etiquetas, #RedeCRIA #SMLM2017 #aleitareonosodereito vos animamos a participar ós socios e familias afíns subindo ás redes fotos cos vosos cativos ou contándonos experiencias vividas.

 

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.