Sen matronas no hospital

Chegan noticias preocupantes desde a planta de maternidade do hospital de Vigo, o Álvaro Cunqueiro, un hospital inaugurado hai pouco máis de dous anos e que trouxo modernidade ás instalacións médicas da cidade e a súa área metropolitana. Grandes corredores, habitacións individuais para a tranquilidade de nais e bebés, unha luz branca que dá a benvida calidamente a ingresados e visitas.

Pero resulta que o gasto en material e instalacións non previu que o realmente importante, é o persoal que lle dá vida e traballa para que todo funcione correctamente.

E así nos atopamos con titulares que falan de caos pola falta de persoal e o exceso de partos nunha noite, como é posible?

Un servizo que trata á muller en todo o seu período gestante debería poder preveer cando son as datas probables de parto, se haberá saturación nuns días concretos e máis se moitos dos procesos resólvense con inducións (que requiren máis tempo que un parto natural) e mesmo con cesáreas.

A OMS establece que unha matrona debería atender como máximo a dúas mulleres á vez e con todo o habitual é que existan só catro especialistas no servizo, sen preveer que poidan existir picos de demanda o que ocasiona un persoal tenso e pacientes non atendidos con todas as garantías.

Unha figura importantísima para a lactación e apego

A función da matrona/matrón é indispensable no paritorio pero tamén ten unha función primordial en planta (onde ningunha ten praza) pois é quen pode axudar á muller antes do parto controlando e monitorizando a evolución e despois de dar a luz para confirmar se todo está en orde e axudar coas importantísimas primeiras horas do bebé en lactación e apego.

Desde Rede CRÍA queremos mostrar todo o noso apoio a todo o persoal que traballa no hospital e reivindicar que o importante son as persoas: traballadores e pacientes.

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.