Ser pai- Damos voz ós nosos socios

Dende Rede CRIA, preto de cumprir ó noso primeiro aniversario queremos felicitar a tódolos pais neste día tan importante para eles.

Aínda que a paternidade non está relacionada con cambios hormonais nin cambios físicos, a espera, as inquedanzas e os medos que chegan antes do nacemento dun fillo/a son moi parecidos ou mesmo iguais os da nai, incluso coas mesmas dúbidas que non se comparten para non asustar ou preocupar.

Nun modelo de crianza baseado no apego seguro e cunha aposta pola lactación materna, o papel do pai pode parecer secundario sobre todo nos primeiros días e mesmo meses, pero sen dúbida ten unha labor esencial no apoio e fortalecemento da familia e do vínculo da nai co bebé.

Pero para falar das sensacións e sentimentos que implican convertirse en pai, mellor damos voz ós nosos socios que nunhas liñas nos falan de que supuxo para eles ser pais e como o afrontan no seu día a día.
[…]

Outubro: mes de lume e meigas

O mes do outono chegou retendo o sol e a calor do período estival: camisetas, praia e sandalias paseábanse por unha cidade na que o frío só chegaba aos escaparates. A natureza atrasaba tamén o seu cambio de estación permitíndonos gozar do seu esplendor.

Rede CRÍA, é consciente de que este cambio non é un bo sinal e máis que nunca hai que traballar por coidar a nosa bela contorna. […]