Outubro: mes de lume e meigas

O mes do outono chegou retendo o sol e a calor do período estival: camisetas, praia e sandalias paseábanse por unha cidade na que o frío só chegaba aos escaparates. A natureza atrasaba tamén o seu cambio de estación permitíndonos gozar do seu esplendor.

Rede CRÍA, é consciente de que este cambio non é un bo sinal e máis que nunca hai que traballar por coidar a nosa bela contorna. […]

A cativada está convidada

Semella un chisco paradóxico que Rede CRIA faga tal afirmación. “A cativada está convidada”, Que? Obvio, non si?  O pilar da asociación é a crianza con apego. –  Iso pensarían algúns. – Pero nós queremos redundar nesta afirmación e salientala deliberadamente nunha especie de activismo escrito que, ademáis, agardamos se contaxie a máis iniciativas. […]