Xaneiro: Novas propostas para un novo ano

Dende Rede CRIA seguimos apostando por actividades e plans en familia co obxectivo de conseguir difundir un estilo de crianza baseado na cativanza como centro de atención.

Así, ademáis dos talleres que vimos realizando coa psicóloga Judit Santos, co Xogo como Ferramenta de Crianza, comezamos novos obradoiros baixo o título Crianza Respectuosa e con Apego Seguro, coa tamén psicóloga Natalia Guedella.

Foi un mes tamén de colaboración con outras entidades que teñen a nosa mesma filosofía e idea de familia.

Así a socia e alma de Cera de Colores, Ariane Góes ofreceunos a charla “As primeiras manifestacións artísticas” que se desenvolveu entre as fases do debuxo, as razóns polas que comezamos a facer trazos e as actitudes que debemos deixar atrás os maiores para non interferir no que comeza sendo unha necesidade básica para os pequenos, e rematou amosando diferentes materiais para utilizar neste proceso.

Na escola de Semente puidemos facer a presentación da nosa Asociación mentres coñeciamos o seu proxecto educativo. Unha xornada que culminou agasallando ó pequeño público cun contacontos moi especial xa que os contadores éramos os propios pais.

Coñecimos a Claudia Pinheiro, que en Aveiro, dirixe o Projeto Maternura e que coa súa boneca Materninha e os seus libros traballa para ensinar a importancia de respectar o ritmo do bebé xa dende o embarazo e sobre todo nos seu primeiros meses, onde a conexión coa nai é fundamental e nese intre o círculo íntimo é moi importante.

E seguimos coas reunións de familia, da tribo que formamos entre todas as familias socias e aquelas que queiran vir a coñecernos. Lembrade que o primeiro luns e o terceiro sábado de mes, pola mañá estaremos compartindo xogos e conversa con quen se achegue á Ludoteca da Casa da Xuventude.

 

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.