Debemos seguir amándoos

Fai uns días os medios facíanse eco dunha nova estadística demoledoraTriplícanse os casos de violencia de xénero entre os adolescentes.

No noso pequeno núcleo estremecíansenos os corazóns. Qué é o que está acontencer? O certo é que non temos a resposta, gustaríanos tela, pero non é así.

Sería inocente tratar de ler esta realidade dende unha sola óptica. Sabemos ben que a violencia machista é un iceberg, do que percibimos quizais 3 ou 4 «liñas de traballo» pero baixo a superficie poderiamos atopar 10 ou 20 máis.

Sabemos que o traballo pasa por erradicar as ideas que comprenden o sexo como relación violenta e sumisión, o amor coma unha meta vital para as pobres mulleres atrapadas nos seus castelos e custodiadas por dragóns… e temos claro que en Rede Cria daremos cabida a estas temáticas e outras similares que poidan xurdir e traballen na reflexión colectiva necesaria.

Pero queremos ser positivos tamén. Queremos crer que algo xa estamos a facer ao respecto.  E é que cremos que criar con respecto aos cativos forma parte do camiño para que non precisen someter a alguén para sentirse queridos. Para que non acepten que a sumisión e o control forma parte do amor.

Debemos seguir aprendendo

Debemos aprenderlles desde nenos que as relacións de amor falan de apoio, comprensión, de respectar os espazos e os límites cando estamos anoxados e non de chantaxes, amenazas, «póñome triste se non fas isto«.

Debemos aprenderlles que ninguén ten dereito a facerte sentir mal ou inadecuado. Se isto pasa tes dereito a fuxir. Debemos deixar de transmitir «indefensión aprendida»

Debemos aprenderlles o respecto ao seu corpo. Só eles deciden quén e cándo os toca, bica, abraza

Debemos aprenderlles que ás veces perdemos o temple e podemos berrarlles. Pero que isto é algo que está dentro de nós e non dentro de eles. Pedirlles sempre perdón cando ocorre. Que somos persoas e tamén nos equivocamos. Pero xamáis deben entender que «así é cómo nos fan poñer»

Debemos seguir. Seguir aprendendo. Aprendéndolles. Amando. Amándoos.

 

Texto realizado por Andrea – socia de Rede Cria

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.