Excursión ó Parque A Canuda en Pontevedra

Queremos convidar a tódalas familias socias e non socias a un día en tribo no parque A Canuda de Salvaterra. Un parque á beira do río Miño. 

O parque dispón dunha grande zona verde con arboreda (onde xantaremos e utilizaremos coma base de acción). Xusto a carón hai unha lagoíña con parrulos e cisnes que en determinadas épocas do ano ofrece servizo de barcas de recreo.

A carón da zona verde hai un enorme parque infantil con entretemento para tódalas idades: pista con carrís para os que xa “conducen”, zona de aves e outros animais.

A idea é pasar o día xuntos, pais e nais, nais a secas, pais a secas, avós, tíos, tías, curmáns…o que forme a vosa tribo. Non é preciso ser socio/a, é unha actividade aberta a todos/as.

  • Xantaremos xuntos. Nada abre máis o apetito a un miúdo que ver comer a outro. ¡Introduciredes novos alimentos seguro!
  • Organizaremos xogos para todo o que o desexe, grandes e pequenos: petanca, festa de pompas de xabón, birlos e tiro á diana…Calquera outra proposta será benvida.
  • Charlaremos e coñeceremos a outras familias mentres os cativos/as gastan baterías.
  • Anímate a pasar un día nun parque que paga a pena desfrutar.

Para os que cheguedes máis cedo ou veñades á hora de xantar, atoparedesnos na zona de arboreda e con sombra a carón do lago.

Máis ou menos na zona desta imaxe:

Cómo chegar?


O chegar a Salvaterra  collede a Rua do Miño, que leva a ponte internacional e xusto antes de cruzar ou rio ( antes dás pistas de tenis) xirades á dereita e xa atoparedes unha pista de bicis e, paralelo o rio, un aparcadoiro de coches. Recoméndovos aparcar o fondo que é onde atoparedes a entrada mais próxima ou lugar de encontro.

Cando o faremos e como inscribirse

Será o vindeiro domingo 6 de agosto de 2017 de 11 a 19h. No caso de choiva suspenderase a actividade.

Poderedes apuntarvos no email info@ redecria.es. Recordade que non fai falta ser socia/o.

Esperámosvos!

 

Imaxes: Little Vigo.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *