Es nai, es muller, es única, es a túa mellor versión

A crianza é fermosa e gratificante, mais a maternidade pode ser complicada. Enfrontámonos á culpa, á propia exixencia, sentímonos xullgadas e é importante respectar a liberdade de cada nai para elixir o modelo de maternidade que desexe, que a faga feliz, que o cativ@ precise.

Non hai un único xeito de ser nai

Evitemos frustrarnos por tentar ser a nai que a sociedade espera que sexamos e centrémonos en ser a nai que as nosas crianzas precisan que sexamos.

Porque @s nos@s fill@s non nos necesitan perfectas, necesítannos felices.

Existe unha grande presión social para sermos a nai ideal, a que ten todo baixo control, a que está sempre de bo humor e leva as perrenchas d@s pequen@s dun xeito moderado e sereno ó mesmo tempo que organiza un xantar equilibrado para cada día.

A esta presión externa úneselle a nosa propia presión persoal. En moitas ocasións somos nós mesmas as que nos exiximos demasiado, sentímonos culpables se non chegamos a ser esa nai que a xente (e nós) espera que sexamos.

Non procuremos a perfección, non pasa nada por facelo regular. Só é importante o que realmente é importante. E o que paga a pena na vida é que as nosas crianzas sexan felices, sexan boas persoas e que nós tamén o sexamos.

Non hai fotos de familias perfectas porque non hai unha familia perfecta. E tampouco hai nais perfectas.

Por moi desastres que nos sintamos porque se queimou o xantar por estarmos ollando o móbil mentres a/o nosa/o filla/o entretíñase pintando, por terlle dado de almorzar galletas no canto de froita, por perder a paciencia e terlle berrado despois de pedirlle por cuarta vez que se puxera os calcetíns…a pesares de todo isto as nosas crianzas adoraránnos, por moi desastres que sexamos.

Quérennos coma somos, ante calquera circunstancia, de xeito incondicional e puro.

Aprendamos a vernos tamén coma elas/es nos ven a nós.

Desfrutemos da nosa maternidade, sendo a nai que sexamos, porque sempre seremos a mellor nai que @s nos@s pequen@s poidan ter.

Se che gustou, comparte!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.